Explore the latest books of this year!
Bookbot
Sold out

Schlumpf, Erwin

Homicidio

Parameters

  • 216 pages
  • 8 hours of reading

More about the book

O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa época, para ben e para mal, pero tamén un tipo pachorrento, listo, dunha peza. Adoita traballar só, detesta a burocracia e empatiza cos personaxes marxinais con quen se atopa. É un home rexido pola ética da compaixón. En Suíza chegou a ser extremadamente popular. Schlumpf, Homicidio, publicada en 1936, é a primeira das cinco novelas que protagoniza Studer. Nela xa queda moi ben presentada a poderosa figura do sarxento, cuxas aventuras nos van revelando unha Suíza descoñecida, moi afastada do tópico do chocolate, o queixo e os reloxos. Esta novela considérase a fundadora da tradición da novela policial en alemán. Isto explica que o premio de novela negra máis prestixioso do mundo xermanófono leve o nome de Friedrich Glauser. Sen o sarxento Studer non se pode escribir a historia da novela de detectives. En 2021, o xurado do XIX Premio Plácido Castro resolveu galardoar este libro. Os membros do xurado valoraron especialmente “a moi elevada calidade desta tradución, que mostra unha gran fluidez e dominio tanto do alemán como do galego”, e tamén “o recurso ás notas a pé de páxina que axudan a contextualizar a obra”.

Book purchase

Schlumpf, Erwin, Friedrich Glauser, Laureano J. Araujo Cardalda

Language
GalicianGL
Released
2023
Binding
(Paperback)
We’ll email you as soon as we track it down.

Payment methods

    No one has rated yet.

    Title
    Schlumpf, Erwin
    Subtitle
    Homicidio
    Language
    Galician
    Released
    2023
    Format
    Paperback
    Pages
    216
    ISBN10
    8484876195
    ISBN13
    9788484876199
    Series
    Description