Explore the latest books of this year!
Bookbot

Ismael Ramos Castelo

    Poesía - 43: Os fillos da fame
    • Poesía - 43: Os fillos da fame

      • 56 pages
      • 2 hours of reading

      Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías.Premio Johán Carballeira de Poesía, 2015

      Poesía - 43: Os fillos da fame2016